Río, o último éxito de animación para toda a familia

mércores 08 xuño 2011

Esta cinta de animación en 3D conta a historia dun presumido guacamayo que abandona a comodidade da gaiola na que vive en Minnesota para dirixirse ata Río de Janeiro, onde existe outro paxaro da súa mesma especie, unha femia chamada Perla. Pero cando chega a Río, Blu e Perla son secuestrados por uns delincuentes. Blu deberá facer todo o posible por escapar, e para iso contará coa axuda dun variado grupo de paxaros moi divertidos, o problema é que nunca aprendeu a voar!

Película: Río. Dirección: Carlos Saldanha. País: USA. Ano: 2011. Duración: 96 min. Xénero: Animación, comedia. Dobraxe orixinal: Anne Hathaway  (Perla), Jesse Eisenberg (Blu), Leslie Mann (Linda), Jamie Foxx (Nico), George Lopez (Rafael), Jemaine Clement (Nigel), Rodrigo Santoro (Tulio), Tracy Morgan (Luiz). Guion: Don Rhymer. Produción: Bruce Anderson e John C. Donkin. Música: John Powell. Fotografía: Renato Falcao. Apta para todos os públicos.

No TLO o sábado 11 e o domingo 12 ás 17 e ás 20 horas