El aprendiz de brujo, o último de Nicolas Cage

venres 15 outubro 2010

Balthazar é un mago que leva séculos protexendo á humanidade das forzas do mal, aínda que sabe que el nunca vencerá á malvada bruxa Morgana. Segundo o libro de maxia, un mozo elixido será quen consiga tal proeza e Balthazar ten que atopalo. Dave resulta ser ese mozo, aínda que a primeira ollada a súa torpeza non o fai parecer o candidato ideal para converterse nun heroico mago. 

Ano de produción:
2010. País: EE.UU. Dirección: Jon Turteltaub. Intérpretes: Nicolas Cage, Monica Bellucci, Jay Baruchel, Alfred Molina, Teresa Palmer, Toby Kebbell. Argumento: Johann Wolfgang Goethe (Poema "Der Zauberlehrling") Guión: Carlo Bernard, Lawrence Konner, Matt Lopez, Doug Miro, Mark Rosenthal. Música: Trevor Rabin. Duración: 111 min. 

No TLO. sábado 16 (17h, 20h e 22h30), domingo 17 (17h e 20h) e luns 18 (22h30). Trailer

Miguel Costas no Baranda

venres 15 outubro 2010

Miguel Costas foi membro fundador de grupos míticos como Sinistro Total, Aerolíneas Federais ou Os Feliz e compositor de gran parte ou da totalidade dos seus repertorios. Un músico con estilo propio.
Compartiu escenario con artistas da talla de Madonna, Beck, Neil Young, ZZ Top, Scorpions e Jethro Tull entre outros. E editou máis de 200 cancións.
Con ilusión renovada desde a experiencia, para que a súa música sexa celebrada polos seus incondicionais, e coñecida polas novas fornadas, edita o decimoséptimo álbum da súa carreira, Condenados a Costas. Acompáñalle unha potente banda en directo formada por: Juan Naya á guitarra, Coché Vil ao baixo e Toni Skairon á batería, cos que comparte a súa xira 2010, na que, ademais de presentar o seu novo disco, repasa os temas máis míticos das súas formacións anteriores.

Na Sala Baranda, venres 15 outubro, 23h30