Shakespeare para ignorantes, os grandes momentos da obra do dramaturgo inglés vistos por Mofa e Befa
Este venres, 16 de decembro, ás 21 h., o TLO ofrece "Shakespeare para ignorantes" un dos maiores éxitos do teatro galego dos últimos anos.
A colaboración de Mofa e Befa, o dúo cómico máis recoñecido da escena galega, con Quico Cadaval, dramaturgo, actor e director de escena, deu como resultado este "Shakespeare para ignorantes" que non para de recoller aplausos polos teatros de España e Portugal e que foi recoñecido co Premio Max 2011 (mellor autor en galego Quico Cadaval) e o Premio María Casares 2010 ao mellor texto galego orixinal.
Mofa e Befa irrompen nunha académica conferencia sobre o famoso autor para pór en primeiro plano as escenas máis ignoradas, por desidia ou falta de oportunidades, polo público actual. A risa máis cruel, as intimidades máis vergoñosas, os actos máis deshonestos e as villanías máis astutas serán mostradas pola desapiadada máquina cómica de Mofa e Befa. Asasinos, xuíces, bufóns, cornudos, delatores, racistas, oportunistas, chulos, torturadores, todos os personaxes que nunca teñen o protagonismo terán agora a sorte de mostrarse no primeiro plano.
A obra está interpretada por Evaristo Calvo e Vítor Mosqueira (Mofa e Befa) xunto a Quico Cadaval, que é tamén o director e autor do texto. Está dirixida ao público adulto e ten unha duración de noventa minutos.
"Kungfundidos" de Bucanero teatro, humor, música e kung-fu
Bucanero Teatro presenta este venres (9 decembro-21h) no TLO “Kungfundidos” unha peza cómica interpretada e dirixida por Pedro Picos e Xosé Bonome na liña de anteriores traballos seus.
Dous grandes mestres formados en dous mosteiros segredos do Himalaia, descoñecidos para a civilización occidental ensínannos unha nova filosofía que os fixo ser quen son: o Te Likido.
Tras varios anos estudando esta nova filosofía, Bucanero volta ao camiño da ensinanza en clave de humor. Estes dous grandes mestres percorrerán todas as súas andainas para amosarnos a súa orixe desde o principio, a orixe da súa amizade e a orixe e demostración do seu dominio sobre a mente humana.
Venres 9 de decembro ás 21 horas para público adulto.
Sarabela presenta Tango de Slawomir Mrózek, un drama sobre o mundo contemporáneo.
Este venres, 2 de decembro ás 21 h.,
O tango do título é un baile-reto no que se amosan as relacións internas dunha familia, concibida como metáfora da sociedade e que serven para amosar de forma traxicómica e grotesca o mundo contemporáneo e o tema da rebelión xeracional. "Tango" é unha das obras máis relevantes do teatro europeo en todo o mundo. Reclama a necesidade dunha nova comprensión dos tempos que vivimos.
Tango está dirixido por Ánxeles Cuña Bóveda, que tamén fixo a dramatúrxia da obra de Mrózek. Como axudante de dirección Sarabela contou coa barquense Eva Ferreira, que vai mostrar por primeira vez o seu traballo na súa vila natal. No elenco están Fina Calleja, Vicente de Souza, Elena Seijo,
A acción desenvólvese na casa dunha familia moi particular. A extravagante avoa Lilith e a tía Xena, aparentemente inofensiva, son as representantes da xeración máis vella. O pai, de nome Stomil e a nai, Eleanora, son artistas que pertencen a unha vangarda desaparecida, que se manifesta a favor da liberdade do individuo e que se comporta de xeito descoidadamente "informal". O fillo, Artur, que estuda tres carreiras, e Ala, a súa moza, son os membros máis novos. Prepáranse para casar con toda a "pompa" e crear así unha nova familia. Porén, primeiro Artur cre que ten que ordenar o caos que impera ao seu redor. Tamén habita a casa un misterioso estranxeiro...
O drama comeza cando a un certo Hamlet lle dá por ordenar o mundo.
Maryland no Baranda este venres
[ Máis ]
A exposición "1949-1989. Grandes momentos do baloncesto no Barco" recollida en vídeo
[ Máis ]